Ao reiseñor. Florencio Delgado Gurriarán.

Reiseñor meigo que no agro frorido
arrolas cantando ao serán durmido
ouh doce trobeiro!

Reiseñor meigo que no agro vizoso
arrolas cantando ao serán formoso
ouh doce trobeiro!

Arrolas cantando no serán durmido
que escoita a cantiga do son esvaído
ouh doce trobeiro!

Arrolas cantando ao serán formoso
que ouve o feitizo do son garimoso
ouh doce trobeiro!

Delgado Gurriarán, F. (1923)

Raúl Diz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *