Miudeza. Matanza. Florencio Delgado Gurriarán.

O matachín eucalipto,
cos afiados coitelos,
nunha matanza de azúes
pon en anacos o ceo;
a graxa do sol derrete;
rustre os roxos das estrelas
e na vixiga da lua,
do luar garda a manteiga.

Delgado Gurriarán, F., (1934), Bebedeira.

Raúl Diz.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *