Cantiga da vendima. Florencio Delgado Gurriarán.

Antre as retortas cepeiras,
frorazón de raparigas
dálle aos acios doce morte
coas manciñas que acariñan.
O vento abanea as vidras
para darlle o adeus aos acios;
do roxo culeiro sol
escoa o celme dos raios.
Manciñas de nenas louras
antre as follas depinican,
follas das tortas cepeiras
as mornas fazulas bican.

Delgado Gurriarán, F. (1934), Bebedeira.

Anxo Rei

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *