Tristemente convivo coa túa ausencia. Lois Pereiro.

Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
á miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.

Pereiro, Lois (1995), Luz e sombras de amor resucitado

Manu Clavijo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *