Dinche o corazón na man. Rosalía de Castro.

Dinche o corazón na man
Dincho queridiña enteiro
Ca pirmeiriña esperanza
co pensamento pirmeiro.
Dincho cal neno que nase
De ilusións brancas cuberto
Caraveliño cerrado
ó teu calor dulce aberto.
– En solitarios herbales
Era rosiña escondida,
Solo para ti prantada
Para ti solo nacida.
E coma frol sensitiva
Baixo outra man se pregaba,
E solo onda ti vivia
E de ti lonxe muchaba.

Poema inédito de Rosalía de Castro

Uxía Senlle e Clara Pino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *