Lord Dunsany/Epitafio. Álvaro Cunqueiro.

Lord Dunsany/Epitafio

-Bos días!, decíanlle as fadas
que dormen da outra banda da mar.
Boas noites!, decíanlle as fantasmas
que despertan cando canta a curuxa.
E no camiño de Carcasona saudábano
os que endexamais chegarían acolá.
Soñou todas as cousas invisibles
e no que toca ao home, veu indiferente
pasar aos que non se lle asemellaban…
E cando lle chegou a hora, soñando estaba
un país onde chovían bolboretas
pra que se fixese a luz. E a luz foi feita.
Agora el mesmo, na sombra perdido,
fada é, e fantasma e vagabundo
por quen aprender a guiarse as estrelas.

Cunqueiro, Álvaro (1980), Herba aquí e acolá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *