Muiñada. Florencio Delgado Gurriarán.
O sol, baril muiñeiro,
pingotas de choiva moe,
o arco da vella peneira
fariña de sete cores.
Os brancos foles das nubes,
a lombos das serras, van
cara o muiño do ceo
para moer o seu gran.
A señora lúa,
branca muiñeira,
que anda noutra banda
coas mozas estrelas,
ao chegar a noite
de tornar se lembra
porque ten gandaia
e non quere perdela.
Delgado Gurriarán, F. , (1934), Bebedeira.