All posts for the month Maio, 2009

Paz, paz deseada

– IX – Paz, paz deseada: Pra min, ¿onde está? Quixais n’hei de tela… ¡N’a tiven xamais! Sosego, descanso, ¿onde hei de o atopar? Nos mals que me matan, na dor que me dan. ¡Paz!, ¡paz, ti es mentira! ¡Pra min non a hai!

Alá, pola alta noite

– VIII – Alá, pola alta noite, á luz da triste e moribunda lámpara, ou antre a negra oscuridad medosa, o vello ve pantasmas. Uns son árbores muchos e sin follas, outros, fontes sin auguas, montes que a neve eternamente crube, ermos que nunca acaban. I ó amañecer do día, cando ca última estrela aqueles […]

Algúns din: miña terra!

– VII – Algúns din: ¡miña terra! din outros: ¡meu cariño! I este: ¡miñas lembranzas! I aquel: ¡os meus amigos! Todos sospiran, todos, por algún ben perdido. Eu só non digo nada, eu só nunca sospiro, que o meu corpo de terra i o meu cansado esprito, a donde quer que eu vaia, van conmigo.

Que pasa ó redor de min?

VI ¿Que pasa ó redor de min? ¿Que me pasa que eu non sei? Teño medo dunha cousa que vive e que non se vé. Teño medo á desgracia traidora que vén, e que nunca se sabe onde vén.