All posts for the month Decembro, 2010

– Premita Dios que te vexas

-Premita Dios que te vexas cal as cóbregas arrastro, que a iaugua que a beber vaias che se volva xaramagos, que pidas e non atopes pousada, acougo, n’amparo; e que inda morto de fame quedes ó pé dun valado. -Praguea, boca, praguea mentras que en me vou marchando; pragas de malas mulleres nunca lle can […]

Agora cabelos negros

Agora cabelos negros, máis tarde cabelos brancos; agora dentes de prata, mañán chavellos querbados, hoxe fazulas de rosas, mañán de coiro enrugado. Morte negra, morte negra, cura de dores e engaños: ¿por que non máta-las mozas antes que as maten os anos?

Decides que o matrimonio

Decides que o matrimonio é santo e bueno. Seraio; mais non casou san Antonio, por máis que o mesmo demonio tentouno a face-lo ensaio. Celicios, cantos poder; penitencias, a Dios dar; mais santo n’houbo, a meu ver, que dos casados quixer ca pesada cruz cargar. Nin os santos padres todos, de quen tes tantos escritos […]

Apresa, Alvaro de Anido

Apresa, Alvaro de Anido, vive moito en pouco tempo, espolea o teu cabalo e espoleándoo revéntao. ¿Que importa un nobre cabalo? ¿Que importan dous nin trecentos? O que importa, Álvaro Anido, é chegar cedo. Vai dun polo a outro polo, rexistra os antros terreos, monta na locomotora, sube nos grobos aéreos, e coa centela recorre […]

Vanidade

Algúns ricos entérranse ó probe, e algúns probes ó grande se enterran, todos para distinguirse, e hastra ó morrer ter fachenda. ¡Vanidá!, ¡canto vals antre os homes, que hastra as portas da morte penetras! Mas de que can no burato, todos iguales se quedan, i o polvo, ó polvo se torna e onde os vivos […]