All posts for the month Agosto, 2010

Para a vida, para a morte

-Para a vida, para a morte e para sempre en jamás, pedinte a Dios, e Dios dóuteme por toda unha eternidá. -Para a vida, para a morte e para sempre en jamás, quero ser vosa, e que seades o meu Señor natural. -Mais a que así querer sabe non debe ter pai n’irmán, nin home, […]

Espantada o abismo vexo

-Espantada, o abismo vexo a onde camiñando vou… ¡Corazón… canto es tirano, i es profundo, meu amor! Pois eu, sin poder conterme n’escoito máis que unha voz, e a donde ela quer que vaia, sin poder conterme, vou… -Hoxe, á noite, des que durman, sairei polo ventanil; daránme as sombras alento… e ¡adios, casa onde […]

Dulce sono

Baixaron os ánxeles adonde ela estaba, fixéronlle un leito cas prácidas alas, e lonxe a levano na noite calada. Cando á alba do día tocou a campana, e no alto da torre cantou a calandria, os ánxeles mesmos, pregadas as alas: «¿Por que -marmurano-, por que despertala?…»

Valor! que anque eres como branca cera

-¡Valor!, que anque eres como branda cera, aquí en perigro estamos, e noutro lado a libertá che espera que aquí ninguén che dera. -Vamos, señor, a donde queiras… ¡Vamos! -Tan nobre eres, meu ben, como esforzada; mais, ¡tembras coma a cerva acorralada, ora que xuntos por ventura estamos para fuxir, ña prenda namorada!… -¡Pois, fuxamos… […]