All posts for the month Setembro, 2009

Cada noite eu chorando pensaba…

Cada noite eu chorando pensaba… que esta noite tan grande non fora, que durase… e durase antre tanto que a noite das penas me envolve loitosa. Mais a luz insolente do día, costante e traidora, cada amañecida penetraba radiante de groria hastra o leito donde eu me tendera coas miñas congoxas. Desde estonces busquei as […]

¡Corré, serenas ondas cristaíñas,

¡Corré, serenas ondas cristaíñas, pasade en calma e maxestosas, como as sombras pasan dos groriosos feitos! ¡Rodade sin descanso, como rodan á eternidá xeneraciós sin número que cal eu vos contempro, contempráronvos! Daime vosos perfumes, lindas rosas, da sede que me abrasa, craras fontes, apagade o queimor… nubes de gasa, cubrí cal velo de lixeiro […]

Na Catedral

Na catedral Como algún día, polos corrunchos do vasto tempro, vellos e vellas, mentras monean, silvan as salves i os padrenuestros; i os arcebispos nos seus sepulcros, reises e reinas con gran sosego na paz dos mármores tranquilos dormen, mentras no coro cantan os cregos. O órgano lanza tristes cramores, os das campanas responden lexos, […]

Rico ou probe, algún día

Rico ou probe, algún día ¡con que contento e pracidez folgaba! I agora, probe ou rico, ó desdichado ¡todo, todo lle falta!     En balde veñen días, pasan anos, e inda sigros pasaran; se hai abondosas fontes que se secan, tamén as hai que eternamente manan; mais as fontes perenes nesta vida son sempre envenenadas.     Nelas o esprito que ofendido pena, na humidá […]

¡Cal as nubes no espazo sin límites

¡Cal as nubes no espazo sin límites errantes voltexan! Unhas son brancas, outras son negras; unhas, pombas sin fel me parecen, despiden outras luz de centela…     Sopran ventos contrarios na altura i á desbandada, van levándoas sin orden nin tino, nin en sei pra onde, nin sei por que causa.     Van levándoas, cal levan os anos os nosos ensoños i a nosa esperanza.