All posts for the month Outubro, 2010

Ti, a feiticeira e branca como as neves

-Ti, a feiticeira e branca como as neves, i a linda antre as millores; ti, arrededor de quen, cal as abellas a redor dunha rosa, andan os homes, (xente que o mesmo acaso que as mulleres é dada a toda crase de traizoes); non queiras en jamás, se es queridora, non dones en jamás, mas […]

Que ten?

¿Que tén? Sempre un ¡ai! prañideiro, unha duda, un deseio, unha angustia, un delor… É unhas veces a estrela que brila, e outras tantas un raio de sol; é que as follas dos árbores caen, é que abrochan nos campos as frols, i é o vento que zoa, i é o frío, e a calor… […]

Era no mes de maio

I Era no mes de Maio, no mes do amor, das prantas e das frores, mes dos soaves perfumes i os trasparentes cores, dos trinos matinais dos paxariños, das cándidas e frescas alboradas, das pasaxeiras nubes, e das tardes sorrintes e douradas. Cando o mar está azul, o ceo sereno como o dormir dun neno, […]

II Certame de Curtas para Rosalía

A primeira edición deste certame tivo como motivo central a figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento. Resulta evidente que, pasada esta efeméride, as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo descubertas xa que o mundo rosaliano é aínda un mundo revelador e con propostas clarificadoras para […]

Meses de inverno fríos

Meses do inverno fríos, que eu amo a todo amar; meses dos fartos ríos i o doce amor do lar. Meses das tempestades, imaxen da delor que afrixe as mocedades i as vidas corta en frol. Chegade e, tras do outono que as follas fai caer, nelas deixá que o sono en durma do non […]