All posts in category Daquelas

Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria

Este libro hai que inserilo dentro do esforzo colectivo por nos facer conscientes do noso propio valor, neste caso do valor dunha obra literaria e dunha muller, Rosalía de Castro, que transcenden o campo da literatura por seren sintomáticas da aspiración e do dereito á existencia do pobo galego, e tamén dunha perspectiva da historia […]

Xustificación

A AS-PG abre esta nova bitácula coa intención de publicar textos literarios galegos para poder ser lidos directamente sobre o computador e ao mesmo tempo que os lectores e lectoras poidan aportar os seus comentarios a través da bitácula, chegando deste xeito a unha "critica literaria" colectiva e non pautada por moldes académicos. Os textos […]