All posts for the month Outubro, 2009

Amores cativos

Era delor i era cólera,era medo i aversión,era un amor sin medida,¡era un castigo de Dios!Que hai uns negros amores de índole pezoñenta,que privan os espritos, que turban as concencias,que morden se acariñan, que cando miran queiman,que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan.Máis val morrer de friaxenque quentarse á súa fogueira.

Bos amores

Bos amores Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen nunha mañán de Maio, hai amores soaves que n’inda vir se sinten, nin se ve cando entraren pola mimosa porta que o corazón lles abre de seu, cal se abre no agosto a frol ó orballo da tarde. E sin romor nin queixa, […]

Deixa que nesa copa en donde bebes

Deixa que nesa copa en donde bebes as dozuras da vida, unha gota de fel, unha tan soio, o meu dorido corazón esprima. Comprenderás estonces como abranda a delor as pedras frías, anque abrandar non poida almas de ferro e peitos homicidas.

Ti onte, mañán eu

Ti onte, mañán eu Caín tan baixo, tan baixo, que a luz onda min non vai; perdín de vista as estrelas e vivo na escuridá. Mais, agarda… ¡o que te riches insensibre ó meu afán! Inda estou vivo… inda podo subir para me vingar. Tirá pedras ó caído, tiraille anque sea un cento; tirá… que, […]