All posts for the month Maio, 2012

¿QUE LLE DIGO?

                -Eu volvo pra a terra;    á túa muller Antona, ¿que lle digo?                -Pois pra non meter guerra,    porque non veñan a petar conmigo,    olvidarás que foches meu testigo.    O demais…; boi á libertade adoito…    Xa sabes o refrán, meu compañeiro:            a libertá primeiro,    e mellor que […]

Sempre pola morte esperas

        Sempre pola morte esperas,    mais a morte nunca vés;    ¡coitado!, ¿pensas que as penas    poden matar dunha vez?    Nunca, que son coma o hético:    tras de roer e roer,    so deixan un corpo cando    xa non ten qué comer nel.            Cando a iaugua das penas    se reverte na copa sin medida,   […]

Ó sol fun quentarme

        Ó sol fun quentarme,    doume escallofríos,    cal si o Norte bravo    me arrastrase arisco.    Sentín unha gaita    de alegre sonido,    i os cabelos todos    puñéronseme irtos;    e tembrei cal tembra    na beira do río    herba que a corrente    toca cos seus limos.        Miña alma dorida,    meu corpo inxeliño,    faivos mal a gaita,   […]

Como lle doi a ialma

        ¡Como lle doi a ialma,    pero canto lle doi!    De día nin de noite    non para ca delor.    ¡Señor, vó-la fixeche;    Señor, curaina vós!         I o corazón ferido,    tamén ¡canto lle doi!    I eu ben sei que non pode    sandar do corazón.    ¡Señor, daille descanso    na terra que a criou!    ¡Que […]

NO CRAUSTRO

        Dábanse bíco-las pombas,    voaban as anduriñas,    xogaba o vento coas herbas    pobradas de margaridas,    i as lavandeiras cantaban    méntra-la fonte corría.        Fóronse indo unha tras doutra,    i alí se quedou soíña,    ca triste frente incrinada    cabe unha arcada sombrisa…        Estonces, non sei que sombras,    quizais de memorias vivas,    quizais dos frades […]

Dende aquí vexo un camiño

        Dende aquí vexo un camiño    que non sei adonde vai;    polo mismo que n’o sei,    quixera o poder andar.    Istreitiño sarpentea    antre prados e nabals,    i anda ó feito, aquí escondido,    relumbrando máis alá.    Mais sempre, sempre tentándome    co seu lindo crarear,    que eu penso, non sei por que,    nas vilas que correrá,   […]

Anque me dés viño do Ribeiro de Avia

        -Anque me dés viño do Ribeiro de Avia,    tódolos almibres e tódalas viandas    das que os reises comen e no mundo haxa,    ña madre querida, non sei que me falta.        Anque me traiades como un santo en palmas    e que me poñades tódalas galas    e que me levedes á corte de España,   […]

Médico, doille a cabeza…

        -Médico, doille a cabeza…    Zuruzán, doille unha man…    Mais se é que o esprito lle doi,    ¿que menciña lle darás?        -Para infirmidades das almas    na terra cura non hai;    pídelle a Dios que cha leve;    quizás no ceu sandará.

O meu olido máis puro

        O meu olido máis puro    dérache si eu fora rosa,    o meu marmurio máis brando    si é que do mar fora onda.    O bico máis amoroso    se fose raio da aurora,    si Dios… Mais ben sei que ti    non qués de min nin a groria.