All posts for the month Xuño, 2010

Pelouro que roda

Dou encomezo pensando, despois, gustoulle pensar, e deste gusto ó deseio a toda presa se vai. E decote descendendo, descendendo sin parar, desde o deseio ó pecado a toda presa se vai.

Cabe das froles a nena

Cabe das froles a nena canta alegre o seu cantar, i é branca coma azucena, pálida como o luar. E onde a boquiña, un lunar gracioso lle dou Dios, tan feito, tanto, que é de todos o encanto. Cor de luar.. ¡que cor lindo!, uns ollos cal noite escura, labios que falan sorrindo, i aquel […]

CADA COUSA NO SEU TEMPO

Do alegre Maio unha alborada fresca foite a sorrir no outono malencónico, e por nadal os membros ateridos quentache ben contente a un sol de agosto; despois trembaches espantado e fuches buscando a sombra inquieto e pesaroso; mais a mamoria, preguizosa, tarde trouxera ó teu recordo que aqueses cambios bruscos, raros e intempestosos, de loitos […]

Xigantescos olmos, mirtos

Xigantescos olmos, mirtos que brancas frores ostentan, unhas con cogollos inda, outras que o vento esfollea. Buxos que xa contan sigros e que xuntos verdeguean formando de rama e troncos valos que naide atravesa, e nos que moi descansadas fan o seu niño as culebras. Lourciros, irmáns dos buxos pola altura i a nacenza, pois […]

NIN ÁS ESCURAS!

-Todo está negro, as sombras envolven a vereda, e nin o ceo tén ollos, nin o pinar tén lengua. -¡Vamos! Do que hai oculto, ¿quen miden as fonduras? ¡Alma n’habrá que sepa!… ¡Ven!… a noite está escura. ¿Escura?… mais relumbra non sei que luz traidora… -¿E non oies que runxe algo onde aquel herbal? -É […]