All posts for the month Xullo, 2009

Co seu xordo e costante mormorio

– XVIII – Co seu xordo e costante mormorio atraime o oleaxen dese mar bravío, cal atrai das serenas o cantar. -Neste meu leito misterioso e frío, dime, ven brandamente a descansar. El namorado está de min… o deño, i eu namorada del. Pois saldremos co empeño, que, se el me chama sin parar, eu […]

Mais vé que o meu corazón

– XVII – Mais vé que o meu corazón é unha rosa de cen follas, i é cada folla unha pena que vive apegada noutra. Quitas unha, quitas dúas, penas me quedan de sobra; hoxe dez, mañán corenta, desfolla que te desfolla… ¡O corazón me arrincaras desque as arrincares todas!

Cando era tempo de inverno

– XVI – Cando era tempo de inverno pensaba en donde estarías, cando era tempo de sol pensaba en donde andarías. ¡Agora… tan soio penso, meu ben, si me olvidarías!

A un batido, outro batido

– XV – A un batido, outro batido, a unha dor, outro delor, tras dun olvido, outro olvido, tras dun amor, outro amor. I ó fin de fatiga tanta e de tan diversa sorte, a vellés que nos espanta, ou o repousar da morte.

Aquel romor de cántigas e risas

– XIV – Aquel romor de cántigas e risas, ir, vir, algarear; aquel falar de cousas que pasaron i outras que pasarán; aquela, en fin, vitalidade inquieta xuvenil, tanto mal me fixo, que lles dixen: Ivos e non volvás. Un a un desfilaron silenciosos por aquí, por alá, tal como cando as contas dun rosario […]