All posts for the month Febreiro, 2012

O ENCANTO DA PEDRA CHAN

            Co sono da inocencia,que non turban remorsos da concencia,        i a Virxen ó seu ladodormían os meus ánxeles na cuna,cando, ás furtadas, nun sereno día,co peito palpitante de alegríasoia saín en busca da fertuna.       Iña tras dun tesouro cobisado,          de todos iñorado,mais do que solasmentes eu sabía;e n’era só de prata, nin só […]

XAN

      Xan vai coller leña ó monte,Xan vai a compoñer cestos,Xan vai a poda-las viñas,Xan vai a apaña-lo esterco,e leva o fol ó muíño,e trai o estrume ó cortello,e vai á fonte por auga,e vai a misa cos nenos,e fai o leito i o caldo…Xan, en fin, é un Xan compreto,desos que a cada mullerlle […]

¡A PROBIÑA, QUE ESTÁ XORDA…!

      “Alá enriba da montaña,sai fume das chamineas….Valor, meu corpiño vello.Levaime aló, miñas pernas.Paseniño, paseniño,aquí para, alí te sentas,irás chegando, Xuana,adonde as casas fomegan.¡Dios diante, a Virxe te valla!,que hoxe, seica… seica… seica…has de comer sete cuncasde bon caldo, coa da cea,e mais compango de porcoou de sardiñas salpresas,que os montañeses son homesque cando dan, […]

SOBERBA

      Cor de promo, amontónanse as nubes;rodan lentas as ondas do mar;e zoando con son pavoroso,                vén o huracán.       ¡Que cargado está o ceo e que triste;que escuro, que negro tornándose vai!Encendámo-la vela bendita,                que hai tempestá.       Cabalgando nas alas dos ánxeles,por mandato de Dios correránas centelas que asombran ós malos   […]

Miña casiña, meu lar

      Miña casiña, meu lar,          ¡cantas onciñas          de ouro me vals!       Vin de Santiago a Padróncun chover que era arroiar,descalciña de pé e perna,sin comer nin almorzar.Polo camiño atopabaricas cousas que mercar,i anque ganas tiña delas,non tiña nin para as pagar.Nos mesóns arrecendíaa cousas de bon gustar,mais o que non ten […]

¡CALADE!

      Hai nas ribeiras verdes, hai nas risoñas praiase nos penedos ásperos do noso inmenso mar,fadas de estraño nome, de encantos non sabidos,que só con nós comparten seu prácido folgar.       Hai antre a sombra amante das nosas carballeiras,e das curtiñas frescas do vívido esprendor,e no romor das fontes, espritos cariñososque só ós que […]

¡Padrón…! ¡Padrón…!

      ¡Padrón…! ¡Padrón…!   Santa María… Lestrove…        ¡Adiós! ¡Adiós!                    I       Aquelas risas sin fin,aquel brincar sin dolor,aquela louca alegría,        ¿por que acabou?       Aqueles doces cantares,aquelas falas de amor,aquelas noites serenas,        ¿por que non son?       Aquel vibrar sonorosodas cordas da harpa i os sonsda guitarra malencónica,        ¿quen os levou?       Todo é silencio […]