All posts for the month Novembro, 2010

Brancas virxes de cándidos rostros

Brancas virxes de cándidos rostros, varóns santos de frente serea, nobres matronas, monxas austeras, i aínda aquelas que parés que nunca tocaron cas prantas os lodos da terra, na concencia ¿quen sabe, a escondidas as manchas que levan? Mais se hai anchos ríos, e mares imensos, e lagos sin fondo, e torrentes que arrancan as […]

A Bandolinata

Ca espada asesina no peito encravada, o esprito na sombra i o corpo na lama, máis negra que a morte, que a terra máis baixa, bagullas de sangre chorando en estaba. De pronto antre o espeso da brétema parda con rara harmonía salíu unha cántiga… ¡Que fresca e que doce, que leve e que estraña […]

Chirrar dos carros da ponte

Chirrar dos carros da Ponte, tristes campanas de Herbón, cando vos oio partídesme as cordas do corazón. Ceboleiras que is e vindes de Adina polos camiños, á beira do camposanto pasá leve e paseniño. Que anque din que os mortos n’oien, cando os meus lle vou falar, penso que anque estén calados ben oien o […]

Ruínas ( Armonías da tarde)

Ruinas (harmonías da tarde) Traducción de Ruiz de Aguilera Xa Novembre espiraba cando cansado e só, tomei asento ó pé do endebre muro, vella defensa e límite dun puebro. Polas abertas fendas, casa que ás sabandixas abre o tempo, hoxe o lagarto mira con fría ollada o estrago en torno feito. Sin core a trepadora, […]