All posts for the month Xaneiro, 2011

Fas un versos …, ai que versos!

Fas uns versos… ¡ai, que versos! Pois cal eles non vin outros, todos empedregullados, e de cotomelos todos, parecen feitos adrede para lerse a sopramocos.

É verdade que un pode

«É verdade que un pode ser pior ou millor, pero vir de bon tronco, eso sempre foi bo. Teus pais eran xitanos, e ti hoxe eres marqués, masque… que ó fin i ó cabo un vén de donde vén. Can fillo dun raposo, que o teñan por leal; que si non come os pitos e […]

Sarna con gusto non pica

Sarna con gusto, non pica; o conto é sarna sin él, i o verdadeiro castigo no máis fondo ha de doer. Non é sufrir chorar sangre, ós pés de quen un quer ben; del vivir lonxe e olvidado… ¡este si que penar é!

Teño un mal que non ten cura

Teño un mal que non tén cura, un mal que naceu comigo, i ese mal tan enemigo levarame á sepultura. Curandeiros, ceruxanos, dotores en medeciña, pra esta infirmidade miña n’hai remedio antre os humanos. Deixá, pois, de remexer con concencia ou sin concencia, os libros da vosa cencia, pois para min n’han de ter. ¿Que […]