All posts for the month Abril, 2012

¡Quérome ire, quérome ire!

        ¡Quérome ire, quérome ire!    Para donde, non o sei.    Cégame os ollos a brétema.    ¿Para donde hei de coller?         N’acougo cunha inquietude    que non me deixa vivir:    quero e non sei o que quero,    que é todo igual para min.         Quérome ire, quérome ire,    din algúns que a morrer […]

N’É DE MORTE

        -¿Xa estás de volta, Rosa de Anido?    ¡Eu non coidara verte tan cedo!    I as meigas todas contigo, Rosa,    aló na vila seica andiveron,    que de difunto tes a colore    i a vista brava, i o falar seco.        -É que de pena, da terra lonxe,    pouquiño a pouco me iba morrendo;    mais… […]

VIVIR PARA VER

        Marcháchete un día,    ti, aquel que eu quería;    fuxiste da terra    que tanta alegría    i encantos encerra.    Dixeches: “María,        máis dose que as meles,    máis linda que as frores,    paloma sin feles,    non chores, non chores,    que ausencia envivece,    non mata, n’esquece    os doses amores    que a dicha axuntou.    ¡Eu voume…!, mais […]

Meus pensamentos, ¡cal voás tolos…!

        Meus pensamentos, ¡cal voás tolos…!            ¿Adonde vás?    ¿A donde? Adonde, si eu non o digo,            naide o sabrá.         Da fonte ó río, do río á veiga,            da veiga ó mar.    ¿Que buscás, tolos…? Si e non o digo,            naide o sabrá.            […]

Eu levo unha pena

        Eu levo unha pena    gardada no peito;    eu lévoa, e non sabe    ninguén por que a levo.    Orelas vizosas    do Miño sereno,    onde o paxariño    ten o seu espello,    i antre as margaridas    pacen os cordeiros,    vós soias sabedes    o meu sentimento.        Cabo dunha pena    onde mana un rego,    á sombra dun […]

Non coidarei xa os rosales

        Non coidarei xa os rosales    que teño seus, nin os pombos;    que sequen, como eu me seco;    que morran, como eu me morro.

Foi a Páscoa enxoita

        Foi a Páscoa enxoita,    choveu en San Xoán;    a Galicia a fame    logo chegará.        Con melanconía    miran para o mar    os que noutras terras    tén que buscar pan.

III certame de Curtametraxes “Curtas para Rosalía

O  Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.com). Con tal motivo a AS-PG designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras, avaliar a súa adecuación ás bases do certame e organizar as galas de entrega de premios e de promoción do certame, se for […]

Como venden a carne no mercado

        -¡Como venden a carne no mercado,            vendeute o xurafás!    -¡Pero que importa ó fin que me vendese,            si eu n’o podo olvidar!    -Matoute a penas, sin piedá, e deixoute,            deixoute o desleal.    -Pois olvidada morrerei e triste,            que olvidalo…, ¡non xa!    -Cal se pisan as […]