Meus pensamentos, ¡cal voás tolos…!
¿Adonde vás?
¿A donde? Adonde, si eu non o digo,
naide o sabrá.
Da fonte ó río, do río á veiga,
da veiga ó mar.
¿Que buscás, tolos…? Si e non o digo,
naide o sabrá.
Meus pensamentos…, ¿por que perenes
me atormentás?
¿por que ís decote, ¡ai!, si adonde ides
naide o sabrá?
Cal palomiña buscás a llama
que vos queimar…
I a triste morte que vós teredes
naide a sabrá.