All posts for the month Novembro, 2009

Quen non xime

¿Quen non xime?      Luz e progreso en todas partes… pero as dudas nos corazós, e bágoas que un non sabe por que corren, e dores que un non sabe por que son.     Outro cantar, din, cansados deste estribilo, os que chegando van nunha nova fornada, e que andan cegos buscando o que índa non hai.     ¡Réprobos!… Sempre ó […]

Cando me poñan o hábito

Cando me poñan o hábito, se é que o levo; cando me metan na caixa se é que a teño; cando o responso me canten, se hai con que pagarlle ós cregos, e cando dentro da cova… ¡Que inda me leve San Pedro se só ó pensalo non río con unha risa dos deños! ¡Que […]

Abride, as frescas rosas

Abride, as frescas rosas;brilade, os carabeles;do seu xardín, os árbores, vestivoscas lindas follas verdes.Parra que un tempo sombra nos prestaches,a cubrirvos de pámpanos volvede.Natureza fermosa,a mesma eternamente,dille ós mortais, de novo ós loucos dille¡que eles no máis perecen!