Quen non xime

¿Quen non xime?

     Luz e progreso en todas partes… pero
 as dudas nos corazós,
 e bágoas que un non sabe por que corren,
 e dores que un non sabe por que son.

    Outro cantar, din, cansados
 deste estribilo, os que chegando van
 nunha nova fornada, e que andan cegos
 buscando o que índa non hai.

    ¡Réprobos!… Sempre ó oculto perguntando,
 que, mudo, nada vos di.
 Buscade a fe, que se perdeu na duda,
 e deixade de xemir.

    Mais eles tamén perdidos
 por unha i outra senda van e vén
 sin que sepan, ¡coitados!, por onde andan,
 sin paz, sin rumbo e sin fe.
 …. …. …. …. …. …. …. …. …. …. ….
    Triste é o cantar que cantamos
 mais ¿que facer se outro melhor non hai?
 moita luz deslumbra os ollos,
 causa inquietude o moito desear.
 Cando unha peste arrebata
 homes tras homes, n’hai máis
 que enterrar de présa os mortos,
 baixa-la frente, e esperar
 que pasen as correntes apestadas…
 ¡Que pasen… que outras vendrán!

 

Comments are closed.