All posts for the month Decembro, 2009

Cava lixeiro, cava,

Cava lixeiro, cava, xigante pensamento, cava un fondo burato onde a memoria do pasado enterremos. ¡Á terra cos difuntos! ¡Cava, cava lixeiro! E por lousa daraslle o negro olvido, i a nada lle darás por simiterio.

¡Mar!, cas túas auguas sin fondo

¡Mar!, cas túas auguas sin fondo, ¡ceo!, ca túa imensidá, o fantasma que me aterra axudádeme a enterrar.     É máis grande que vós todos e que todos pode máis… cun pé posto onde brilan os astros, e outro onde a cova me fan.     Impracabre, bulrón e sañudo, diante de min sempre vai, i amenaza perseguirme hastra a mesma eternidá.  

O toque da alba

O toque da alba      Da Catredal campana, grave, triste e sonora, cando ó raiar do día o toque da alba tocas, no espazo silencioso soando malencónica, as túas bataladas non sei que despertares me recordan.     Foron algúns tan puros coma o fulgor da aurora, outros cal a esperanza que o namorado soña, i á derradeira inquietos, mitá luz, mitá sombras, mitá un pracer sin nome, e mitá […]

Por que, miña almiña

¿Por que, miña almiña, por que ora non queres o que antes querías?     ¿Por que, pensamento, por que ora non vives de amantes deseios?     ¿Por que, meu esprito, por que ora te humildas, cando eras altivo?     ¿Por que, corazón, por que ora non falas falares de amor?     ¿Por que xa non bates co doce batido que calma os pesares?     ¿Por […]

Ladraban contra min, que camiñaba

Ladraban contra min, que camiñaba casi que sin alento, sin poder co meu fondo pensamento i a pezoña mortal que en min levaba. I a xente que topaba, ollándome a mantenta, do meu dor sin igual i a miña afrenta traidora se mofaba. I eso que nada máis que a adiviñaba. Si a souperan, ¡Dios mío!, -pensei tembrando- contra min volvera a corrente do río.     […]