All posts for the month Agosto, 2009

Grilos e ralos, rans albariñas,

Grilos e ralos, rans albariñas, sapos e bichos de todas cras, mentras ó lonxe cantan os carros, ¡que serenatas tan amorosas nos nosos campos sempre nos dan!     Tan só acordarme delas, non seí o que me fai, nin sei se é ben, nin sei se é mal.

ADIOS!

 ¡Adios!    ¡Adios!, montes e prados, igrexas e campanas, ¡adios!, Sar e Sarela, cubertos de enramada, ¡adios!, Vidán alegre, moíños e hondanadas, Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas, San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas, Balvis, para min sempre o das fondas lembranzas, Santo Domingo, en donde canto eu quixen descansa, vidas da miña vida, anacos das […]

¡Silencio!

– XX – ¡Silencio! A man nerviosa e palpitante o seo, as niebras nos meus ollos condensadas, con un mundo de dudas nos sentidos i un mundo de tormentos nas entrañas; sentindo como loitan, en sin igual batalla, inmortales deseios que atormentan e rencores que matan, mollo na propia sangre a dura pruma rompendo a […]

Ando buscando meles e frescura

– XIX – Ando buscando meles e frescura para os meus labios secos, i eu non sei como atopo nin por onde, queimores e amarguexos. Ando buscando almibres que almibaren estos meus agres versos, i eu non sei como, nin por onde, sempre se lles atopa un fero. I o ceo e Dios ben saben […]