All posts for the month Marzo, 2010

Estranxeira na súa patria

Estranxeira na súa patria   Na xa vella baranda entapizada de hedras e de lirios foise a sentar calada e tristemente frente do tempro antigo.     Interminable precesión de mortos, uns en corpo no-máis, outros no esprito, veu pouco a pouco aparecer na altura do direito camiño, que monótono e branco relumbraba tal como un lenzo nun herbal tendido.     Contemprou cal pasaban […]

Que pracidamente brilan

Que pracidamente brilan o río, a fonte i o sol. Canto brilan…. mais non brilan para min, non. Cal medran herbas e arbustos, cal brota na arbor a frol. Mais non medran, nin frorecen para min, non. Cal cantan os paxariños enamoradas canciós. Mais anque cantan, non cantan para min, non. Cal a natureza hermosa […]

Lúa descolorida

Lúa descolorida como cor de ouro pálido, vesme i eu non quixera me vises de tan alto. Ó espazo que recorres lévame, caladiña, nun teu raio.     Astro das almas orfas, lúa descolorida, eu ben sei que n’alumas tristeza cal a miña. Vai contallo ó teu dono e dille que me leve a donde habita.     Mais non lle contes nada, descolorida lúa, pois nin neste nin […]

Maio longo … Maio longo

Maio longo… Maio longo, todo cuberto de rosas, para algús telas de morte, para outros telas de vodas. Maio longo, Maio longo, fuches curto para min, veu contigo a miña dicha, volveu contigo a fuxir.

Amigos Vellos

Cando antre as naves tristes e frías de alto mural, cal elas fría, cal elas triste, ó ser da tarde vou a rezar, ¡que pensamentos loucos e estraños á miña mente veñen e van! Xordo silencio que eu xa conozo, que é meu amigo de anos atrás, pero que é cheo de outras lembranzas, pero […]