All posts for the month Xullo, 2010

Eu por vós e vós por outro

-A linda, a grande señora, de non vista fermosura, ¿Onde irá tan a deshora nunha noite tan escura? ¿Onde irá con tal premura? Vai enfouzando na lama o zapatiño de seda… ¡Polo toxal vai a dama, i o dono antre holandas queda!… Bon sono Dios lle conceda. Que el durma, que eu velarei pola dona […]

Sin niño

Por montes e campías, camiños e espranadas, Vén unha pomba soia, soia de rama en rama. Síguena as probes crías, sedentas e cansadas, sin que alimento atope pra darlles a bicada. Trai manchadas as prumas, que eran un tempo brancas, trai muchas e rastreiras i abatidas as alas. ¡Ai!, probe pomba, un tempo tan querida […]

Xuri do certame de curtametraxes Curtas para Rosalía

Xuri do certame de curtametraxes Curtas para Rosalía A entrega de premios terá lugar o día 20 de setembro. O pasado 16 de xuño remataba o prazo para a presentación das curtametraxes para participar no Certame de Curtas para Rosalía. Están establecidos dous premios: – Un premio de 2000€ á mellor curtametraxe + Diploma. – […]

E ben! Cando comprido

¡E ben! Cando comprido teñás ese ardentísimo deseo, o meu rir sin descanso será estonces, anque un rir, triste e negro. Dendes do meu corruncho solitario estarei axexándovos sereno, e tras da primadera e tras do estío, verei cal chega para vós o inverno. ¡E que inverno tan triste, tan áspero e tan fero!… Como […]

A disgracia

¿Por que existe? ¿Quen é? ¿Donde a soberba morada tén? ¿Arteira, en donde habita? Sono lixeiro ou pasaxeira nube pra moitos é, que a penas deixa rastro. Outros os golpes alevosos sinten que lle asesta con negra traidoría dende o comenzo ó fin da vida escrava. Pero n’a ven, anque a mirada tendan arrededor, para […]