All posts for the month Febreiro, 2010

Tas-tis!, ¡Tas-tis!, na silenciosa noite

¡Tas-tis!, ¡Tas-tis!, na silenciosa noite con siniestro compás repite a péndola, mentras a frecha aguda, marcando un i outro instante antre as tiniebras, do relox sempre imóbil recorre lentamente a limpa esfera. Todo é negrura en baixo, e só na altura inmensa, só na anchura sin límites do ceo con inquietú relumbra algunha estrela, cal […]

Dios puxo un velo enriba

Dios puxo un velo enriba dos nosos corazóns, velo que oculta abismos que El pode ollar tan só. Cando eu penso o que viran no que adorando estou homilde e de rodillas cal se adora al Señor, se este velo caíse de repente antre os dous, tembro… e incrinando a frente digo: «¡que sabio é […]

A xusticia pola man

Aqués que tén fama de honrados na vila roubáronme tanta brancura que eu tiña, botáronme estrume nas galas dun día, a roupa decote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron, en donde en vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas, ó raso cas lebres dormín nas campías; meus fillos… ¡meus anxos!… que tanto eu quería, […]

CERTAME DE CURTAMETRAXES “CURTAS PARA ROSALÍA”

BASES DO CERTAME (Pode descargar desde aquí as bases e a ficha de inscrición) 1º ORGANIZACIÓN O Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.com). Con tal motivo a AS-PG designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras, avaliar a súa adecuación ás bases do […]

No ceo, azul crarísimo

No ceo, azul crarísimo; no chan, verdor intenso; no fondo da alma miña, todo sombriso e negro. ¡Que alegre romaría! ¡Que risas e contentos!… I os meus ollos en tanto de bágoas están cheos. Cubertos de verdura, brilan os campos frescos, mentras que a fel amarga rebosa no meu peito.