All posts for the month Febreiro, 2013

Como chove miudiño

      Como chove miudiño,como miudiño chove;como chove miudiñopola banda de Laíño,pola banda de Lestrove.      ¡Como a triste branca nubetruba o sol que inquieto aluma;cal o crube i o descrube,pasa, torna, volve e sube,enrisada branca pruma!      Xa, dempois, lonxe espalladapolos aires fuxitivos,desteñida, sombrisada,nos espasos desatada,cae brillando en raios vivos.      Misteriosa regadeirafino orballo no chan pousacon feitiña […]

Si a vernos, Marica, nantronte viñeras

                     I       Si a vernos, Marica, nantronte viñerasá festa do Seixo na beira do mar,ti riras, Marica, cal nunca te richesdebaixo dos pinos do verde pinar.      Á sombra dos pinos, Marica, ¡que cousaschistosas pasaron!, ¡que rir toleirón!Relouca de arriba, relouca de abaixo,iñamos, viñamos i o bombo… ¡pon!…, ¡pon!      As cóchegas brandas, as loitas alegres,os […]

Cando a luniña aparece

      Cando a luniña aparecei o sol nos mares se esconde,todo é silencio nos campos,todo na ribeira dorme.Quedan as veigas sin xente,sin ovelliñas os montes,a fonte sin rosas vivas,os árbores sin cantores.Medroso o vento que pasaos pinos xigantes move,i á voz que levanta tristeoutra máis triste responde.Son as campanas que tocan,que tocan en sons de […]

Vente, rapasa

          I       -Vente, rapasa,vente, miniña,vente a lavarno pilón da fontiña.      Vente, Minguiño,Minguiño, vente,douche sinónpolo demo do dente.      ¡Que augua tan limpa!¡Que rica frescura!Vente a lavar,que é un primor, criatura.      Válganos Dios,que si auguiña n’houbera,lama este corpomortal se volvera.      Vinde lavarvos,andá lixeiriños,a cara pirmeiro,dimpois os peíños.      Ai, ¡que miniña!¡Que nena preciosa!Dempois de lavadaparese unha rosa.      […]