All posts for the month Setembro, 2010

Tristes recordos

Unha tarde alá en Castilla brilaba o sol cal decote naqueles desertos brila. Craro, ardoroso e insolente, con perdón del, pois n’e modo aquel de queima-la xente, e secar con tales bríos a probe inxeliña pranta, a fonte, os sedentos ríos. Unha tarde, ¡ouh, que tristeza me acometeu tan traidora, véndome en tal aspereza! ¡A […]

Para uns negro

Para uns, negro; Pra outros, branco; e para todos, traspoleirado. I -Sé astuto se é que sabes, víngate das ofensas se é que podes; ó que che sirva, págalle, mais a quen non che de, nunca lle dones; porque a moral dos santos non reza sempre ca moral dos homes. Esto un gallego montañés e […]

Sin terra

«¡Calade, ouh ventos nouturnos; calá, fonte da Serena, que alá por cabo das Trompas quero oír quen chega!» Calaron os ventos todos, xurrou a fonte máis queda, e vin qué iban a enterrar o corazón dela. Vina despois inda viva por campos e por devesas, mais iña para unha tomba pedindo terra. Non a atopou, […]

Cal grasiosa brandeas

I Cal grasiosa brandeas o teu corpo lixeiro, si bailas nos estrados c’aquel galán soberbo, brandea o norte as ponlas xentís dos ameneiros; i unha tras outra folla de cor amarillento vai deixando, enredada nos teus rizos cabelos, triste coroa póndoche, tan mucha, Dios do ceo, como a que na alma túa pon o teu […]

Na tomba do xeneral inglés sir John Moore

Na tomba do xeneral inglés sir John Moore morto na batalla de Elviña (Coruña) o 16 de xaneiro de 1809 A miña amiga María Bertorini, nativa do país de Gales. Coruña, 1871 ¡Cuan lonxe, canto, das escuras niebras, dos verdes pinos, das ferventes olas que o nacer viron!… dos paternos lares, do ceo da patria […]