All posts for the month Novembro, 2012

Non che digo nada…

      Non che digo nada….         Pero ¡vaia!                I       Pasan naquesta vidacousiñas tan extrañas,tan raros feitos venseneste mundo de trampa;tantos milagres vellos,tan novas insinanzas,e tan revoltos alloscon nome de ensaladas,que non che digo nada…      Pero ¡vaia!      Meniña ben vestida,meniña ben calzada,que ten roupa decote,que ten roupa de garda;meniña que ben folga,meniña que anda maja,i […]

Ora, meu meniño, ora

      "Ora, meu meniño, ora,¿quen vos ha de dar a teta,si túa nai vai no muíño,e teu pai na leña seca?      Eu cha dera, miña xoia,con mil amores cha dera,hastra rebotar, meu santo,hastra que máis non quixeras,hastra verte dormidiñocon esa boca tan feita,sorrindo todo fartiño,cal ubre de vaca cheia.Mas ¡ai, que noite che agarda!Mais ¡ai, […]

Pasa, río, pasa, río

      Pasa, río, pasa, río,co teu maino rebulir;pasa, pasa antre as froliñascolor de ouro e de marfil,a quen cos teus doces labiostan doces cousas lles dis.Pasa, pasa, mais non vexaque te vas ao mar sin fin,porque estonces, ¡ai, probiñas,canto choraran por ti!¡Si souperas que estrañesa,si souperas que sofrirdesque del vivo apartadao meu corasón sentiu!Tal me […]

Roxiña cal sol dourado

AO SR. D. CAMILO ÁLVAREZ E CASTRO,  Chantre da catedral de Salamanca.               I       Roxiña cal sol dourado,garrida cal fresca rosa,iba polo monte hermosaco branco pé descalzado…Copo de neve pousado,deslumbrando á luz do día,tan branco pé parecía.      As longas trenzas caídas,con quen os ventos xogaban,ondiñas de ouro formabanna branca espalda tendidas;apertadas e bruñidas,que espigas […]

Airiños, airiños aires

      Airiños, airiños aires,airiños da miña terra;airiños, airiños aires,airiños, levaime a ela.      Sin ela vivir no podo,non podo vivir contenta;que adonde queira que vaia,cróbeme unha sombra espesa.Cróbeme unha espesa nube,tal preñada de tormentas,tal de soidás preñada,que a miña vida envenena.Levaime, levaime, airiños,como unha folliña seca,que seca tamén me puxoa callentura que queima.¡Ai!, si non me […]