All posts for the month Abril, 2009

¡Follas novas!, risa dáme

V ¡Follas novas!, risa dáme ese nome que levás, cal se a unha moura ben moura branca lle oise chamar. Non Follas novas, ramallo de toxos e silvas sós, hirtas, coma as miñas penas, feras, coma a miña dor. Sin olido nin frescura, bravas magoás e ferís… ¡Se na gándara brotades, como non serés así!

Diredes destos versos, i é verdade

IV Diredes destos versos, i é verdade, que tén estrana insólita harmonía, que neles as ideas brilan pálidas cal errantes muxicas que estalan por instantes, que desaparecen xiña, que se asomellan á parruma incerta que voltexa no fondo das curtiñas, i ó susurro monótono dos pinos da beiramar bravía. Eu direivos tan só que os […]

Tal como as nubes

III Tal como as nubesque impele o vento,i agora asombran, i agora alegranos espazos inmensos do ceo,así as ideasloucas que eu teño,as imaxes de múltiples formas,de estranas feituras, de cores incertos,agora asombran,agora acrarano fondo sin fondo do meu pensamento. (De Vagedás )

Ben sei que non hai nada

Ben sei que non hai nadanovo en baixo do ceo,que antes outros pensaronas cousas que ora eu penso.E ben, ¿para que escribo?E ben, porque así semos,relox que repetimoseternamente o mesmo. (De Vaguedás)

Daquelas que cantan

Daquelas que cantan as pombas i as frorestodos din que teñen alma de muller,pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,¡ai!, ¿de que a terei?   Pode escoitar o poema recitado na voz de Marina Mayoral nesta ligazón