Eu cantar, cantar, cantei,a grasia non era moita,que nunca (delo me pesa)fun meniña grasiosa.Cantei como mal sabíadándolle reviravoltas,cal fan aqués que non sabendireitamente unha cousa.Pero dempois paseniño,i un pouco máis alto agora,fun botando as miñas cántigascomo quen non quer a cousa.Eu ben quixera, é verdade,que máis boniteiras foran.Eu ben quixera que nelasbailase o sol […]
Eu cantar, cantar, cantei
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2013/03/21/eu-cantar-cantar-cantei/
Alborada
ALBORADA1 I Vaite, noi-te, -vai fuxin-do. -Vente, auro-ra, -vente abrin-do, -co teu ros-tro -que, sorrin-do, -¡¡¡a sombra espanta!!! ¡Canta,paxariño, can-ta -de ponliña en pon-la, -que o sol se levan-ta -polo monte ver-de, -polo verde mon-te, -alegrando as her-bas, -alegrando as fon-tes…! ¡Canta, paxariño alegre,canta!¡Canta porque o millo medre,canta!¡Canta porque a luz […]
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2013/03/14/alborada/
Miña Santa Margarida
Miña Santa Margarida,¿con quen te hei de comparare?Coma ti non vin ningunhanin na terra nin no mare. Coma ti, Santa bendita,tan garrida e tan presiosa,nin brilou ningunha estrela,nin se abreu ningunha rosa. Nin luceiro, nin diamante,nin luniña trasparente,luz verteu máis cariñosaque o teu rostro relucente. Nin as froles do xilmendro,nin a rosa purpurina,nin as […]
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2013/03/07/mina-santa-margarida/
Como chove miudiño
Como chove miudiño,como miudiño chove;como chove miudiñopola banda de Laíño,pola banda de Lestrove. ¡Como a triste branca nubetruba o sol que inquieto aluma;cal o crube i o descrube,pasa, torna, volve e sube,enrisada branca pruma! Xa, dempois, lonxe espalladapolos aires fuxitivos,desteñida, sombrisada,nos espasos desatada,cae brillando en raios vivos. Misteriosa regadeirafino orballo no chan pousacon feitiña […]
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2013/02/28/como-chove-miudino/
Si a vernos, Marica, nantronte viñeras
I Si a vernos, Marica, nantronte viñerasá festa do Seixo na beira do mar,ti riras, Marica, cal nunca te richesdebaixo dos pinos do verde pinar. Á sombra dos pinos, Marica, ¡que cousaschistosas pasaron!, ¡que rir toleirón!Relouca de arriba, relouca de abaixo,iñamos, viñamos i o bombo… ¡pon!…, ¡pon! As cóchegas brandas, as loitas alegres,os […]
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2013/02/21/si-a-vernos-marica-nantronte-vineras/
Cando a luniña aparece
Cando a luniña aparecei o sol nos mares se esconde,todo é silencio nos campos,todo na ribeira dorme.Quedan as veigas sin xente,sin ovelliñas os montes,a fonte sin rosas vivas,os árbores sin cantores.Medroso o vento que pasaos pinos xigantes move,i á voz que levanta tristeoutra máis triste responde.Son as campanas que tocan,que tocan en sons de […]
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2013/02/14/cando-a-lunina-aparece/
Vente, rapasa
I -Vente, rapasa,vente, miniña,vente a lavarno pilón da fontiña. Vente, Minguiño,Minguiño, vente,douche sinónpolo demo do dente. ¡Que augua tan limpa!¡Que rica frescura!Vente a lavar,que é un primor, criatura. Válganos Dios,que si auguiña n’houbera,lama este corpomortal se volvera. Vinde lavarvos,andá lixeiriños,a cara pirmeiro,dimpois os peíños. Ai, ¡que miniña!¡Que nena preciosa!Dempois de lavadaparese unha rosa. […]
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2013/02/07/vente-rapasa/
A gaita gallega
A GAITA GALLEGA RESPOSTAao eminente poeta D. Ventura Ruiz de Aguilera I Cando este cantar, poeta,na lira xemendo entonas,non sei o que por min pasaque as lagrimiñas me afoganque ante de min cruzar vexoa Virgen-mártir que invocas,cos pés crabados de espiñas,cas mans cubertas de rosas.En vano a gaita, tocandounha alborada de groria,sons […]
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2013/01/31/a-gaita-gallega/
La gaita gallega
LA GAITA GALLEGA ECO NACIONALA mi querido amigo D. Manuel Murguía. I Cuando la gaita gallegael pobre gaitero toca,no sé lo que me sucedeque el llanto a mis ojos brota.Ver me figuro a Galiciabella, pensativa y sola,como amada sin su amado,como reina sin corona.Y aunque alegre danza entoney dance la turba loca,la […]
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2013/01/24/la-gaita-gallega/
Castellanos de Castilla
Castellanos de Castilla,tratade ben ós gallegos;cando van, van como rosas;cando vén, vén como negros. -Cando foi, iba sorrindo;cando veu, viña morrendo;a luciña dos meus olloso amantiño do meu peito. Aquel máis que neve branco,aquel de dosuras cheio,aquel por quen eu vivíae sin quen vivir non quero. Foi a Castilla por pan,e saramagos lle deron;déronlle […]
http://bitaculas.as-pg.gal/literaria/2013/01/17/castellanos-de-castilla/