Vente, rapasa

          I
      -Vente, rapasa,
vente, miniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.

      Vente, Minguiño,
Minguiño, vente,
douche sinón
polo demo do dente.

      ¡Que augua tan limpa!
¡Que rica frescura!
Vente a lavar,
que é un primor, criatura.

      Válganos Dios,
que si auguiña n’houbera,
lama este corpo
mortal se volvera.

      Vinde lavarvos,
andá lixeiriños,
a cara pirmeiro,
dimpois os peíños.

      Ai, ¡que miniña!
¡Que nena preciosa!
Dempois de lavada
parese unha rosa.

      I este miniño
que teño no colo,
dempois de lavado
parece un repolo.

      ¡Ai!, ¡que tan cuco!
¡Ai!, ¡que santiño!
ven ós meus brazos,
dareiche un biquiño.

      ¡Olliños de groria!
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben,
corasón de manteiga!

      Corre, corre
a que Antona te peite;
corre, darache
unha cunca de leite.

      Corre, corre,
a teu pai, Mariquiña,
que come cebola
con pan e sardiña.

          II
      -¡Válgate Dios,
que inda os figos son duros!
¡Mais que fartiña
en estando maduros!

      El e mais eu
i a comadre de abaixo
hemos de ter
que alargar o refaixo.

      Rica figueira,
que Dios te bendiga,
que hasme, abofé,
de fartar a barriga.

      ¡Jei!, o dos ovos
que vas de camiño,
¿cantas duciñas
topache no niño?

   &nb
sp;  ¡Unha no máis!

¡No me teño ca risa!
Ése éche un conto
que vai para a misa.

      Dáme acá seis,
que un fricol che faría,
que ó mesmo rei
que envidiar lle daría.

      Xa que non qués,
no camiño che colla
vento que vira
cun saco de molla.

         III
      -¡Turra, turra,
Xan, pola burra!
Mira que Pedro
a cadela che apurra

      ¡Ai, desdichada
de min que a vexo
fincarche o colmillo
no tistre pelexo!

      ¡Diancre de Xan,
que non corre nin toa!
Ben haia, amén,
quen os ósos che roa.

      ¡Churras!, ¡churras!
¡Churriñas!, ¡churras!
Cas-qui-tó,
que escorrénta-las burras.

      Pica, pica,
suriña, pica,
lévalle un gran
ó teu fillo na bica.

      Marcha, can,
a ladrar ó palleiro,
¡sei que che agrada
o demoro do cheiro!

      ¡Vaiche co can
que o peixiño lle gusta!
Mais a teu dono
o diñeiro lle custa.

      ¡Gachi!, ¡gachi!
¡Que dencho de gato!
¡Como se farta
no prebe do prato!

       ¡Inda rebentes,
larpeiro rabudo!
¡Que inda na gorxa
che aperten un nudo!

      Truca, perico,
no gato rabelo
hastra deixalo
quedar sin un pelo.

      Que eu, si outra vez
o camiño me atranca,
hei de romperlle
no lombo unha tranca.

      ¡Malo daquel
que non sabe de misa,
nin entra na igrexia
nin gasta camisa!

      ¡Ai, que galiña
saltou
no valado!

¡Sei que quer vir
a comer de prestado!

      Isca de aí
galiña maldita,
isca de aí,
no me máte-la pita.

      Isca de aí,
galiña ladrona,
isca de aí
pra cas túa dona.

Previous Post
Comments are closed.