Cando me poñan o hábito

Cando me poñan o hábito,
se é que o levo;
cando me metan na caixa
se é que a teño;
cando o responso me canten,
se hai con que pagarlle ós cregos,
e cando dentro da cova...
¡Que inda me leve San Pedro
se só ó pensalo non río
con unha risa dos deños!
¡Que enterrar han de enterrarme
anque non lles den diñeiro!...
Next Post
Comments are closed.