Ti, a feiticeira e branca como as neves

-Ti, a feiticeira e branca como as neves,
i a linda antre as millores;
ti, arrededor de quen, cal as abellas
a redor dunha rosa, andan os homes,
(xente que o mesmo acaso que as mulleres
é dada a toda crase de traizoes);
non queiras en jamás, se es queridora,
non dones en jamás, mas que chen donen;
se é que te firen, miña prenda, rite,
se é que te engañan, meu amor, non chores.
Ve que pasou o tempo das Corinas,
i o máis que ora se sofre,
só porque non se diga,
é rabiar canto un pode.
-¡Rabiar no máis... dixera que mentides!
-Si, si, rabear ben forte;
mas ca rabia picante e aguilloeira
que é salsa apetitosa das pasioes.
¿Que fora, ¡ouh Dios!, sin os asentes feros
dos estómagos probes?
Dos corazós do día,
¿Que fora sin as rabias, meu amore?
Previous Post
Comments are closed.