II Certame de Curtas para Rosalía

A primeira edición deste certame tivo como motivo central a figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento. Resulta evidente que, pasada esta efeméride, as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo descubertas xa que o mundo rosaliano é aínda un mundo revelador e con propostas clarificadoras para hoxe. Tendo en conta, ademais, que Rosalía de Castro é a figura máis representativa da Literatura Galega, desde a organización deste certame entendemos que homenaxear a Rosalía é homenaxear e divulgar a Literatura Galega.

Polo tanto aquelas persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:

1.- Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.

2.-Tamén se poderán presentar a este Certame curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto, de calquera época, da Literatura Galega.

 

VEXA AS BASES DE PARTICIPACIÓN E A FICHA DE INSCRICIÓN

Comments are closed.