Navy bar. Manuel Antonio.

….NAVY BAR

…ESTE bar ten balances
…E tamén está listo
pra se facer á vela

…Enchéronnos o vaso
con toda a auga do Mar
pra compor un cock-tail de horizontes

…Pendurados das horas
…atlas xeográficos de esperantos
están sin tradución
…E tatexan as pipas
co ademán políglota das bandeiras

…Ese cantar improvisado
………………………………é o mesmo
que xa se improvisou nalgures

…Quen chegou avisándonos
desa cita noiturna que temos
co vento ao N.E.
na encrucillada das estrelas apagadas?

…Eiquí bebe de incónito
O Mariñeiro Descoñecido
-sin xeografía nin literatura-
…A noite dos naufraxos
…co seu brazo salvavidas
…aferrará connosco unha vela de chuvascos

…O vaso derradeiro
estaba cheo de despedidas

…Polas rúas dispersas
ibámonos fechando
cada un dentro da súa alta mar

…No repouso dalgún vaso
tódalas noites naufraga o Bar.

Manuel Antonio, (1928) De catro a catro. Follas d’un diario d’abordo 

One reply on “Navy bar. Manuel Antonio.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *