Irás virás dirás. Xela Arias.

Irás dirás virás

co acento nas nádegas punzado.

Irás dirás que virás:

á sorte de soste-lo mundo nunha ollada

sumámo-lo marchado,

pero xira, ven, xira:

Escólleme o atraco a man armada.

Arias, Xela, (1990) Tigres coma cabalos.

Clara Pino e Pablo Vidal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *