EU SEI QUE UN DÍA. Celso Emilio Ferreiro.

EU SEI QUE UN DÍA

dobrarei unha esquina
e xa non voltarei atrás.
Collerei unha rúa de auga infinda
feita de noite e de cristal.
Pasarán silenciosos carros
e xentes que nada me dirán.
Camiñarei perdido definitivamente
e nunca máis voltarei ao meu fogar.
Entón, non tendo outra cousa que facer;
seguramente poreime a pensar
que a vida é un motor moi complicado
i-a morte unha solemne imbecilidá

Ferreiro, C. E. (1970) Viaxe ao país dos ananos

Son Trío

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *