Cando me poñan o hábito. Rosalía de Castro.
Cando me poñan o hábito,
si é que o levo;
cando me metan na caixa,
se é que a teño;
cando o responso me canten,
si hai con que pagarlle ós cregos,
e cando dentro da cova…
¡Que inda me leve San Pedro
se só ó pensalo non río
con unha risa dos deños!
¡Que enterrar, han de enterrarme
anque non lles den diñeiro!
Castro, R. (1880), Follas novas.