Subiote. Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas.

Subiote,
meu chifrote
de ameneiro,
cantareiro,
paxariño
querendón.

Subiote,
meu chifrote
sempre amigo,
vas conmigo
espallando
unha canción.

Subiote,
meu chifrote
na camposa
todo amosa
o grileo
do teu son.

Subiote,
meu chifrote
recendente,
pau ridente,
birimbao
do corazón.

Miranda, A. & Neira Vilas, X., (1975), Cantarolas e contos prá xente miúda.

Rodrigo Ramos

Suso Vaamonde

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *