A Fondóns non arriban as dornas. Anxo Angueira.

Os carballos descansan do outono
e do Sar que o levou para sempre
coa bubela e a luz da andoriña.
A Fondóns non arriban as dornas.
O deserto perdido dos nomes
é un encoro que roxe moi lonxe.
Unha música morre comigo.
A Fondóns non arriban as dornas.
Unha torre de area e de follas,
un muíño de lama e de sombras,
as ribeiras do río me enterran.
A Fondóns non arriban as dornas.
Á Trabanca chegou a maré
con inchadas bandeiras de luz
pra apagaren a sede de noite.
A Fondóns non arriban as dornas.
En Lestrobe pecharon as fiestras.
No Miranda é máis pálida a aurora.
Os ocasos son tristes e longos.
A Fondóns non arriban as dornas.

Angueira, Anxo.

Enciclopedia Historia Literatura Galega (as-pg.gal)

Coro Cantabile

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *