Núa. Antón Avilés de Taramancos.
Hoxe amiga quero soñarte núa,
núa como un crístal na escuridade.
É primaveira en Noia, e a noite
será unha longa mina de diamantes.
Ando lonxe e senlleiro triste e lonxe,
como unha besta acoitelada brúo
e arrepíanse os Andes ao meu paso.
Camponesa de Cáqueza, ferida
quixera Verte hoxe nos meus brazos,
eibada como un anxo en rebeldía.
Entón sería o meu amor a furna
da túa frente aterecida e pálída.
E sería o meu nome a tua patria.
É primaveira en Noia, e ando lonxe
Ermo na miña door diante da noite:
montañesa dos Andes con que gozo
aperto a túa man estrana e única.
Cantigas Trashumantes
Miriam Sandoval