O furto. Eduardo Blanco Amor.

O FURTO

¿Qué vas facer co ar que me roubaches
do beizo ledo, do cantar frolido
que en ti me revelaches
no tempo amortecido,
no tempo soparado e compartido?

¿A quén lie donarás teu ser inteiro
que a min non des na esmiuzada entrega,
o teu sen-ti veleiro,
a tua presenza cega,
presenza que me amosa e que te nega?

A fronte nos silenzos anunciada
que en flamas coronei i en reiseñores,
a boca resgatada,
os olios feridores
que eu espertei pra bágoas e solpores.

Os mármores do peito sen destino,
as mans sen azas, e os mañáns sen roita
que eu incei do meu sino
na sua ramaxe enxoita
co teu sangue sen canto en ruda loita.

Volta pra ti nos pasos iniciáis,
enméigame outra vez na imaxe nua,
nos irtos areais
da certidume tua,
lonxe eu do sol, ferido pola lúa.

Vóltame meu door, meu gosto á vida,
o mel e o fel do sangue que me bate.
Vaite na amortecida
sombra que nos desate.
Quero escoller a vida que me mate.

Blanco Amor, E., (1980), Poemas galegos.

Miriam Sandoval – Cantigas trashumantes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *