Un santo. Antón Tovar.
Tanto que camiñéi, camiñéi tanto
que me afoguéi no tempo e fun suicida.
Tanto que camiñéi, perdín a vida
i estóu tocando xa meu camposanto.
En verdá i en mentira me levanto…
En longa soedá, fonda ferida
fuxíu a miña vida desvivida
e son pola door cáseque un santo.
Un santo, Anque o Esprito cinza sexa,
anque sexa unha nube en que medite.
Santo dun camposanto sin eirexa.
Anque de Deus a terra esté valeira,
anque blasfeme, ás veces, e me irrite.
Santo da nada escura, anque non queira.
Tovar, A. (1975), Poesía galega completa.