¿Que importa que nos craven as cadeas? Darío Xohán Cabana.

VI

¿Que importa, irmao, que morra o día

se a súa morte

abre en nós a esperanza do mencer?*

¿Qué importa que nos craven as cadeas
se o esprito segue ceibe coma o mar?

¿Qué importa que asolaguen as bombillas
se non poden matar a luz do sol?

¿Qué importa, irmao, que morra a pomba
se deixa os seus pombiños a voar?

¿Qué importa que nos maten
se deixamos semente de mencer?

¿Qué importa, irmao, un dique posto ó mar?

Cabana, D. X., (1970), Verbas a un irmao.

Dioivo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *