Abrente. Celso Emilio Ferreiro.
Abrente
A lua espreita
dende a baranda
a noite vaise
i o galo canta.
Un novo día
na porta agarda,
día de todo,
vispra de nada.
O día pensa
que o mundo é seu
e cada día
leva algo meu.
Imos andando
día tras día,
mentras a morte
a fouce afía.
Noite pequena,
día longal,
cando amañece
algo acontece
pra ben ou mal.
Ferreiro, Celso Emilio (1936) Cartafol de Poesía