Somos froito da cegueira. Baldo Ramos

SOMOS froito da cegueira,

semente que procura na noite

raizames para o ollo que latexa

na braña oculta do poema.

Somos sombra que ignora

o camiño que percorre o corpo desafiuzado.

Somos froito da cegueira,

estirpe dos días perdidos,

da nostalxia desandada.

Árbore que medra na memoria do que fomos

Ramos, B. , (2002), A árbore da cegueira.

Nacho Mora

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *